só nós temos un mirlitón
do que descoñecemos a súa procedencia
tocámolo
ás veces
ademais de sobalo a miúdo
sen preocuparnos de se soa ben ou soa mal
só nós
Jim e máis eu que lle fago compaña
dispoñemos de horas
e senesforzo para mirlitonear ao noso antollo
despois lemos poemas en alto
compartindo as mesmas páxinas
mentres conducimos
mentres avanzamos
e inventamos palabras
ou repetimos aquelas inventadas por outros
para sorrir con estridencia
até sentir como as bágoas nos deshidratan
co seu constante caer