Programas de Prevención, Intervención e Tratamento ante Problemas de Desenvolvemento da personalidade na Educación Infantil e Primaria
ByIrene Labrador CostelaYurema Collazo Fernández
É necesario que a escola proporcione o contorno e medios axeitados para o desenvolvemento de todo o alumnado e, polo tanto, do alumnado con trastornos de conduta, dende a perspectiva dunha escola inclusiva onde todos e todas caiban, e que se removan as barreiras que a propia escola crea para proporcionar unha aprendizaxe exitosa. Hai que buscar estratexias nas que se conxugue o respecto da diferenza coa igualdade de dereitos e oportunidades, potenciando a convivencia e o diálogo. O noso camiño, o camiño cara o que debemos todos ir, é o camiño cara unha escola PARA TODOS e CON TODOS, todos temos dereito aos mesmos espazos, ás mesmas experiencias educativas, … sen perder as nosas características individuais. Aprendizaxe e convivencia non poden contemplarse por separado. Non se prevén os problemas de relación interpersoal sen favorecer o éxito, nin pode perseguirse este sen un clima positivo no que aprender.
Details
- Publication Date
- Sep 28, 2011
- Language
- Galician
- Category
- Education & Language
- Copyright
- All Rights Reserved - Standard Copyright License
- Contributors
- By (author): Irene Labrador Costela, By (author): Yurema Collazo Fernández
Specifications
- Format